A Agrupación Cultural O Galo organiza unha visita guiada á exposición ‘A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo’ o vindeiro sábado 24 de Maio ás 13h no Museo do Pobo Galego, onde se realiza esta exposición mercé á colaboración desta institución coa Rede Museística provincial de Lugo.
A obra cerámica de Díaz Pardo
Esta singular exposición sobre a traxectoria de Isaac Díaz Pardo como promotor e deseñador das cerámicas de O Castro, Magdalena (Arxentina) e Sargadelos, e mais do Laboratorio de Formas, a primeira que se realiza sobre esta faceta artística á que Díaz Pardo consagrou gran parte da súa vida, inclúe bosquexos orixinais dalgunhas das pezas que se expoñen, que ven a luz por vez primeira. Hai que subliñar tamén que moitas das obras que conforman a mostra son descoñecidas e outras son prototipos de pezas que non se chegaron a comercializar ou que xa están esgotadas hai moito tempo.
Inscríbete
A visita estará guiada por personal do Museo do Pobo Galego e será totalmente gratuita. Está limitada a un máximo de vinte persoas, polo que é necesario facer reserva de praza. O xoves 22 pecharemos a inscrición e comunicaremos via correo electrónico se hai prazas para toda a xente que se inscribiu. Como sempre, socias e socios do Galo teñen preferencia na reserva, ordenando posteriormente por data e hora de reserva.
Cubre o seguinte formulario para inscribirte nesta visita guiada á obra cerámica de Isaac Díaz Pardo (podeste inscribir ao mesmo tempo na exposición de Chelo Matesanz).
INSCRICIÓN PECHADA – PRAZAS ESGOTADAS