O venres 9 de maio ás 20h realizaremos unha visita guiada gratuita á exposición Imprimatur, no Pazo de Fonseca. Nela pódese ollar a evolución da encadernación artística do libro desde o século XV ata a actualidade. Ademáis é unha oportunidade para contemplar algúns dos fondos que atesoura a universidade compostelá, que dado o seu valor e necesidade de coidados especiais poucas veces exhibe.
A mostra, consta de duas partes que establecen diálogo en tanto e canto á estética do seu tempo impregna as realizacións dos artistas-artesáns autores das encuadernacións. Unha delas está integrada por unha moi coidada escolma de libros que pertencen ao patrimonio histórico galego que se custodia na Biblioteca Xeral de la Universidad de Santiago de Compostela e moitos deles nunca foron expostos ao público ata este momento. A outra parte confómana libros encadernados por un taller de Betanzos con proxección fora das nosas fronteiras, que está a traballar usando as novas tenoloxias e artísticamente acusando a pegada das estéticas dos últimos decenos do século XX e comezo do XXI.
A visita contará coas explicacións dun dos responsabeis de organizar esta exposición ‘Imprimatur’ D. Xosé Ramón Lema Bendaña, e terá unha duración aproximada de unha hora (a USC pecha esta sá ás 20:30h, porén ten a deferencia de deixarnos ata as 21:15h a porta pechada para que ollemos ben a exposición)
A visita a Imprimatur é de balde para socios e non socios da A.C. O Galo. Só poden entrar na sá da mostra 25 persoas, de ser mais de 25 as anotadas para o 9/V/2014 entrarán só as primeiras 25 anotadas. As restantes persoas iran visitala antes do 30 de maio, noutra data que anunciaremos na nosa páxina web.
Se queres vir de visita con nós, cubre o seguinte formulario de inscrición antes do 8 de maio.