Skip to content

Top Of The World

Menu
  • Home
  • Contact US
Menu

Presentamos o noso Clube de Lectura

Posted on November 12, 2023 by admin

Presentamos o noso Clube de Lectura, que é como todos os demais pero un pouco distinto do resto. É un clube de lectura semivirtual ou semipresencial, que combina as propostas e debates online coas quedadas, presentacións e encontros presenciais.

clube de lectura

Contents

  • 1 O Clube de Lectura para xente ocupada
    • 1.1 Algo máis? Si, é gratis!

O Clube de Lectura para xente ocupada

Moita xente non pode participar noutros clubes de lectura pola dificultade de encaixar nos seus horarios un disciplinado ritmo de reunións semanais para falar dun libro. Ou porque simplesmente non lle apetece ler a tal ritmo, ou porque prefire non falar demasiado ata acabar.

Co noso sistema, establécense tamén uns límites temporais, pero cadaquén pode ir distribuindo o seu tempo máis libremente. Se a alguén lle apetece debatir sobre un libro ás 3 da mañá e non ás 7 da tarde, pode conectarse, facer os seus comentarios, ler os do resto de participantes, discutilos, etc.

E ademais tamén poñemos ferramentas á vosa disposición para que poidades quedar con outras persoas, marcando libremente horas, lugares e ritmos de reunión. É decir, que para un libro poderíades quedar cada semana, e para outro unha vez ao mes. E se non queredes ou non tedes tempo a quedar, pois tampouco pasa nada, xa haberá outra ocasión e mentras tanto podedes opinar desde a web.

Algo máis? Si, é gratis!

O Clube de Lectura é aberto e gratuito. Visita a web do clube de lectura e consulta o seu funcionamento, mira os distintos exemplos e pregúntanos o que non che quede claro. Esperamos cubrir un número suficiente de persoas para comezar este mes de xaneiro e ter un ano 2015 cheo de lecturas e actividades literarias.

 

Pin It
Email
Share on Tumblr
Print

Recent Posts

  • Centenario das Irmandades da Fala
  • Primavera silenciosa de Rachel Carson
  • Uso tradicional das plantas medicinais na Serra do Courel
  • Fest-noz 2015 : festa bretoa
  • Concerto-Presentación “Estamos no verán!!!”

Recent Comments

No comments to show.

Archives

  • November 2023

Categories

  • Uncategorized
©2023 Top Of The World | Design: Newspaperly WordPress Theme

Terms and Conditions - Privacy Policy