Skip to content

Top Of The World

Menu
  • Home
  • Contact US
Menu

Presentación do libro “Para unha crítica do españolismo” de Camilo Nogueira

Posted on November 12, 2023 by admin

 

Crítica EspañolismoPresentación do libro “Para unha crítica do españolismo” de Camilo Nogueira, a vindeira quinta feira 22 de novembro ás 19.00 na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago

O primeiro ensaio, «O marco europeo da cuestión nacional», trata do proceso de estruturación dos estados e da emerxencia das nacións de Europa, procurando evidenciar que os estados e as fronteiras establecidas son consecuencia de causas históricas e condicionamentos materiais e culturais concretos. O segundo, «O reino de Galiza e as orixes do castelanismo», cuestiona a idea de España atribuída ás virtudes e á superioridade de Castela. O terceiro, «O tempo político dos trobadores», aborda o marco político de consolidación do galego como lingua de cultura e administración entre os século XII e XIV. O cuarto, «Sobre a Historia General de España de Modesto Lafuente», critica a interpretación que inspira as ideas tópicas sobre o carácter do Estado español como nación. O quinto, «O españolismo historiográfico no tempo constitucional», examina o estado desa ideoloxía no tempo posterior a 1978. O derradeiro, «O intérprete supremo», analiza a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o novo Estatuto de Autonomía de Cataluña, que fecha as vías de recoñecemento da diversidade nacional abertas nas pasadas décadas. Unha posición que contrasta coas decisións tomadas polas institucións do Estado español ante o ingreso na Comunidade Europea e o desenvolvemento da Unión Europea, cando decidiron a transferencia de competencias en materias expresamente definitorias de carácter e da soberanía estatal.

Email
Share on Tumblr

Recent Posts

  • Centenario das Irmandades da Fala
  • Primavera silenciosa de Rachel Carson
  • Uso tradicional das plantas medicinais na Serra do Courel
  • Fest-noz 2015 : festa bretoa
  • Concerto-Presentación “Estamos no verán!!!”

Recent Comments

No comments to show.

Archives

  • November 2023

Categories

  • Uncategorized
©2023 Top Of The World | Design: Newspaperly WordPress Theme

Terms and Conditions - Privacy Policy