
O Galo convídate á presentación do libro Lingua galega e variación dialectal da autoría do profesor da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei, e que en Santiago terá lugar a cuarta feira (mércores) 14 de marzo, ás 20.00h na Casa das Asociacións, na rúa Manuel Beiras, Cornes, Conxo.
Ademais do propio autor, este acto de lanzamento contará coa presenza de Xosé Ramón Freixeiro Mato (Universidade da Coruña) e de Nestor Rego (Presidente do Galo).