A Agrupación Cultural O Galo organiza un debate sobre a saída da crise.
O próximo xoves 7 de marzo ás 20.00 terá lugar no Centro Socio-Cultural do Ensanche un debate organizado pola nosa asociación co obxectivo de achegar á cidadanía as propostas para sairmos da crise de diferentes forzas políticas e sociais de ámbito galego.
Contaremos coa participación dos seguintes representantes de forzas políticas e sociais galegas:
Xosé Constenla: Membro da Coordenadora local de Anova.
Rubén Cela: Portavoz Municipal do Bloque Nacionalista Galego
José Antón Gonçalves Maceiras: membro de Causa Galiza,
Anxo Noceda: Secretario comarcal da Confederación Intersindical Galega.
Representante do Movemento pola Base.
Carlos Morais: Membro da Direçom Nacional de Nós-Unidade Popular
Iolanda Aldrei: Presidenta do Partido da Terra.
Manuel González : En representación de Compromiso por Galicia
Con eles analisaremos as orixes e causas da crise e debateremos distintas alternativas e propostas de solución da mesma desde unha perspectiva galega.
Tamén haberá tempo para a participación do público cun coloquio aberto que permitirá introducir no debate as vosas opinións, críticas e ideas.
É un acto aberto e gratuíto polo que estades convidados a asisitir