– POR MOTIVOS DE SAÚDE, VÉMONOS OBRIGADOS A SUSPENDER ESTE ACTO –
Bautista Álvarez presentará Cuarto Minguante, a súa primeira novela, o xoves 26 de marzo ás 20.30h no Espazo enocultural Vide Vide, na rúa da Fonte de Santo Antonio 10 de Compostela, para o que contaremos coa presenza do autor quen estará acompañado de Manuel Bragado, editor de Xerais, e Mónica Places, da Xunta Directiva da Agrupación Cultural O Galo.
Cuarto minguante é a primeira novela de Bautista Álvarez, quen publicou anteriormente Retallos daquela infancia, unha colección de relatos curtos que presentamos en decembro de 2013.
Neste novo traballo Bautista Álvarez aborda un dos temas esquecidos da narrativa galega, o drama da emigración, dun xeito realista, sen falsos idealismos e cunha boa dose de sentido do humor.
Podedes ler aquí unha entrevista ao autor
Acto aberto e gratuito
Como sempre, este é un acto aberto e gratuito polo que estades convidados a asistir. Ao final do acto, poderemos compartir un viño
– POR MOTIVOS DE SAÚDE, VÉMONOS OBRIGADOS A SUSPENDER ESTE ACTO –