Xosé Neira Vilas estará con nós o sábado 17 de xaneiro ás 12h na Libraría Couceiro, para compartir os seus coñecementos e experiencias co alumnado do Obradoiro de Creación Literaria e todas aquelas persoas interesadas en escoitalo.
Contents
Xose Neira Vilas
O escritor do libro máis lido da historia da literatura galega, as coñecidísimas Memorias dun neno labrego, é autor tamén dunha vintena de obras de narrativa, doutras tantas de literatura infanto-xuvenil e poesía, e ten un amplo traballo de ensaista, tanto a título individual como en obras colectivas.
Coa súa participación damos inicio ao ciclo de conferencias que acompañan o noso Obradoiro de Creación Literaria que, semana tras semana, tenta achegar recursos, métodos e experiencias a toda a xente á que lle guste escribir.
De balde!
Esta actividade é aberta e gratuita, polo que estades convidadas a asistir