O sábado 21 de xuño ás 12h na Libraría Pedreira, Luz Fandiñó participará nunha conferencia sobre creación literaria organizada pola nosa asociación.
Con esta conferencia poñemos fin, agora si, á participación de autoras con obra xa publicada, que poidan transmitir a súa experiencia a toda a xente interesada en crear e contar historias e a atopar espazos de interlocución con outras persoas que compartan o interese pola literatura e a escritura creativa.
Contents
Luz Fandiño colabora co Obradoiro de Creación Literaria
Muller exemplo para as escritoras máis fecundas do noso panorama literario, desde as rosalianas ata o movemento queer, a poesía de Luz Fandiño é fonte de inspiración para todas as que comezan neste xénero. Os seus contos traspasan as fronteiras da dualidade realidade/ficción pois todos eles manifestan presupostos didácticos: coidar a natureza, o respeito por todas e todos, a loita contra a violencia de xénero, a loita contra os abusos que sufre a lingua…
Luz Fandiño únese ao crecente grupo de escritoras que colaboran desinteresadamente co noso obradoiro de creación literaria, dispostas a partillar as suas experiencias no mundo da escrita e a axudar a superar obstáculos comúns tanto á hora de escribir unha novela como á hora de publicala.
Encontro aberto e gratuito
Esta actividade é aberta e totalmente gratuita, aínda que ten preferencia o alumnado do obradoiro de creación literaria. Queda todo o mundo convidado. Lembrade, o sábado 21 de xuño, ás 12 horas, na libraría Pedreira
E finalizamos o obradoiro
Con esta conferencia, pechamos as colaboracións de autores por este curso. Agora si. Non haberá outra conferencia sorpresa. Se non queredes perdervos as nosas actividades, ou tedes interese en inscribirvos no Obradoiro para o próximo curso, cubride o formulario de subscrición e enviarémosvos un correo, de periodicidade variábel, con información do que imos facendo.
Entrega do Premio “Sen Título” de Creación Literaria do Galo
Un pouco antes de comezar a conferencia, arredor das 11.30h, faremos entrega do I premio “sen título” organizado pola nosa asociación entre as persoas inscritas nos nosos obradoiros.