Skip to content

Top Of The World

Menu
  • Home
  • Contact US
Menu

Concerto do Sexteto Tempo Catro: ‘Os ollos que falan’

Posted on November 12, 2023 by admin

O venres 10 de xaneiro ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela, O Galo organiza, xunto coa Asociación Cultural e Musical Solfa e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, un concerto do Sexteto Tempo Catro que presentará o seu novo disco ‘Os ollos que falan’.

Cartaz Os ollos que falan

Contents

  • 1 Os ollos que falan. Rosalía de Castro
    • 1.1 O Sexteto Tempo Catro
      • 1.1.1 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos
  • 2 Entradas para ‘Os ollos que falan’
    • 2.1 Sorteos
    • 2.2 Reserva anticipada

Os ollos que falan. Rosalía de Castro

Este disco é unha produción da AS-PG. Trátase da musicación que realizou o sexteto Tempo Catro de once poemas de Cantares Gallegos. O disco mostra unha Rosalía actual e viva, capaz de comunicar con nós a través de temas como a conciencia sobre Galiza e o seu estado, o amor e o desamor, o erotismo e a sexualidade, en clave nada convencionais, por certo. Todos estes temas, e moitos máis, abrollan nestes cantares agora feitos música con ritmos de valse ou de fado; de salsa ou de xota; de mazurca ou pasodobre

O Sexteto Tempo Catro

Suso Iglesias (acordeón) e Andrés Pazos (piano), profesores do Conservatorio de Ferrol, forman parte de Tempo Catro canda Antonio Romero (contrabaixo), Javi Cedrón (violín) e Pablo Salgueiro (percusión). Begoña Lorenzo pon a voz a este proxecto que busca difundir os cantares de Rosalía neste ano no que se fai o 150 aniversario da súa publicación. Andrés Pazos e Suso Iglesias son autores dunha música no que se senten ritmos de valse, fado, salsa, mazurca, xota ou pasodobre.

150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos

Con esta actividade, O Galo quere pór fin a un ano de roteiros, conferencias, debates, teatro, exposicións e concertos cos que leva celebrando o cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos

Entradas para ‘Os ollos que falan’

Pontos de venda anticipada:

– Restaurante “O Dezaseis”: Rúa de San Pedro 16.

– Restaurante Bicoca: Rúa Entremuros 4.

– Libraría Pedreira: Rúa do Home Santo 55.

– Restaurante Grândola: Rúa do Cardeal Payá 18.

– Espazo Enocultural Vide, Vide!: Fonte de San Antonio 10.

– Bar O Barranquillo: Concheiros 24-26

– Café Airas Nunes: Rúa do Vilar 17.

– Local da AC O Galo: Avda de Lugo 2A, entresollado A.

O prezo é de 12€ na billeteira e 10€ anticipada.

Sorteos

Estamos a sortear entradas en Santiago TV. Se queredes saber como conseguilas, explícano todos os días na presentación do Santiago TeVe ás 19:30, 21:50, 23:50.

Reserva anticipada

Cubre o seguinte formulario para solicitar unha entrada. Poderás recollela no despacho de billetes do Salón Teatro o propio día do concerto

– RESERVA PECHADA –

E comparte nas redes sociais!!

Pin It
Email
Share on Tumblr
Print

Recent Posts

  • Centenario das Irmandades da Fala
  • Primavera silenciosa de Rachel Carson
  • Uso tradicional das plantas medicinais na Serra do Courel
  • Fest-noz 2015 : festa bretoa
  • Concerto-Presentación “Estamos no verán!!!”

Recent Comments

No comments to show.

Archives

  • November 2023

Categories

  • Uncategorized
©2023 Top Of The World | Design: Newspaperly WordPress Theme

Terms and Conditions - Privacy Policy