Skip to content

Top Of The World

Menu
  • Home
  • Contact US
Menu

Comezan as aulas do Obradoiro de Creación Literaria

Posted on November 12, 2023 by admin

O xoves 14 de novembro ás 16h no CSC da Almáciga e o sábado 16 de novembro ás 11h no CSC de Conxo, terán lugar as primeiras das aulas presenciais do Obradoiro de Creación Literaria que organiza a Agrupación Cultural O Galo. Continuarán ata finais do mes de maio, unha hora cada semana coa excepción de festivos e/ou días que feche o Centro Sociocultural.

Portada do blogue para o alumnado do Obradoiro de Creación Literaria

Portada do blogue para o alumnado do Obradoiro de Creación Literaria

Estas aulas presenciais compleméntanse cun blogue temático no que o alumnado do Obradoiro de Creación Literaria poderá compartir os seus escritos ademáis de acceder ás últimas novas relacionadas co mundo da literatura. Pódese acceder a el no enderezo http://creacionliteraria.acogalo.net

Se xa realizáchedes a inscrición, recibiredes un correo electrónico co voso nome de usuario e contrasinal, e un pequeno manual para que sepades como sacarlle proveito a esta web. E é que ademáis de aprender un pouquiño de creación literaria, tamén aprenderemos a xestionar un blogue con WordPress, para que máis adiante cada alumna poda manter o seu propio espazo en internet e desde el ser capaz de dar renda solta á súa creatividade e de manter unha interlocución fluida cos seus lectores.

Como consideramos que a primeira aula é de proba, e por tanto gratuita, e aínda quedan prazas libres, podedes pasar por calquera destes dous grupos e ver que vos parece. Tedes toda a información sobre o obradoiro de creación literaria pinchando neste enlace.

Pin It
Email
Share on Tumblr
Print

Recent Posts

  • Centenario das Irmandades da Fala
  • Primavera silenciosa de Rachel Carson
  • Uso tradicional das plantas medicinais na Serra do Courel
  • Fest-noz 2015 : festa bretoa
  • Concerto-Presentación “Estamos no verán!!!”

Recent Comments

No comments to show.

Archives

  • November 2023

Categories

  • Uncategorized
©2023 Top Of The World | Design: Newspaperly WordPress Theme

Terms and Conditions - Privacy Policy