No ano 1958 Manuel María arriscabao todo, en pleno franquismo, para publicar un poemario, “Documentos personaes”, que incluia este poema :

Bando Prohíbese por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen que pedir licencia para voar. Prohíbeselle á lúa andar ceiba de noite polo ceo. A lúa é unha tola que anda espida dando mal exemplo ás nenas castas e aos fillos de boa familia. Pagarán trabucos os poetas. Prohíbese soñar de 10 a 11. Prohíbese tamén derramar bágoas. Pódese chorar tan só cando hai sequía para que non fiquen valdeiros os pantanos. Un só se pode emocionar os Xoves e Domingos cando toca a Banda do Concello no quiosco. Están fóra de Lei as estrelas, a Primavera, as flores e os paxaros Dáse este bando en tal e cual para que se cumpra de orde do Alcalde. Firmado e rubricado