Skip to content

Top Of The World

Menu
  • Home
  • Contact US
Menu

17M: Un paso adiante e outro adiante, Galiza

Posted on November 12, 2023 by admin

A Agrupación Cultural O Galo, como entidade fundadora da Plataforma Cidadá Queremos Galego, quere chamar á cidadanía compostelá a dar un paso adiante polo galego participando na concentración convocada ás 12 da mañá do sábado 17 de maio na Porta Faxeira de Compostela.

un paso adiante

Contents

  • 1 Un paso adiante contra a represión
  • 2 Un paso adiante polo galego
    • 2.1 Un paso adiante, tamén en vídeo

Un paso adiante contra a represión

Este ano, a pesar de estar aínda en marcha os procesos represivos, que mediante multas e sancións buscan criminalizar e meter medo aos defensores do galego, a Plataforma Queremos Galego multiplica por 8 as mobilizacións polo Día das Letras Galegas,  nas sete principais cidades e Foz. Tamén seguen adiante os recursos xudiciais contra estas medidas represivas, que consisten en asignar aos organizadores de distintas manifestacións os mesmos desperfectos pre-existentes.

Un paso adiante polo galego

Todos os avances das forzas emancipadoras da humanidade  foron sempre na dirección de combater a exclusión social. Agora, na tan amentada crise, denúnciase decote o aumento dos excluídos. Mais nós, galegas e galegos, levamos moito tempo vivindo unha crise particular que non é filla conxuntural da que din que se desatou hai sete anos. A nosa crise ten outros nomes e apelidos: son o noso dereito a existir como tales, a traballar na nosa terra e a facermos uso libre e estendido da nosa lingua, os que están sendo vulnerados. A ela, á nosa lingua, foille imposto historicamente un manual de redución. A que a reduciron? Reducírona á oralidade, á fala; reducírona a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; reducírona a uns lugares, as aldeas; reducírona a unha idade, os vellos.

Podes ler na páxina de Queremos Galego o manifesto completo

Un paso adiante, tamén en vídeo

Podedes ver aquí un pequeno video amateur realizado por activistas voluntarios de Queremos Galego, co que pretendemos animar á participación nesta xeira de mobilizacións pola nosa lingua

Contamos contigo, o Sábado 17 de maio ás 12h na Porta Faxeira de Compostela

Pin It
Email
Share on Tumblr
Print

Recent Posts

  • Centenario das Irmandades da Fala
  • Primavera silenciosa de Rachel Carson
  • Uso tradicional das plantas medicinais na Serra do Courel
  • Fest-noz 2015 : festa bretoa
  • Concerto-Presentación “Estamos no verán!!!”

Recent Comments

No comments to show.

Archives

  • November 2023

Categories

  • Uncategorized
©2023 Top Of The World | Design: Newspaperly WordPress Theme

Terms and Conditions - Privacy Policy