Arte

Tempos cambiantes Nolo Suárez

Tempos cambiantes Nolo Suárez

A Agrupación Cultural O Galo convídache á inauguración da mostra de Nolo Suárez o venres 1 de abril ás 19:30 no Centro Socio Cultural de Conxo  Praza Aurelio Aguirre n. 1-Teléfono: 981 528 740

“XOSÉ SUÁREZ. Uns ollos vivos que pensan”

“XOSÉ SUÁREZ. Uns ollos vivos que pensan”

Sábado 27 de febreiro ás 12:15h. Visita guiada a exposición fotográfica no Museo da Cidade da Cultura en Santiago  Esta mostra está comisariada por Manuel Sendón e por Xosé Luis Suárez Canal e a montaxe pertence a Alfonso Penela. Case todos os autores consideran que a fotografía de Xosé Suarez (Alariz, 1902-A Garda, 1974), nos obriga a […]

A Esmorga: unha película de Ignacio Vilar

A Esmorga: unha película de Ignacio Vilar

Ignacio Vilar estudou cine en Barcelona e nos seus comezos foi montador para logo orientarse cara ao xénero documental. Estas experiências servíronlle para comprender o valor determinante que acada a imaxe dentro seu entorno, a transcendencia do ritmo narrativo e o decisivo relevo que conquire o guión para os intérpretes e o director . En […]

Obradoiro literario e de novela con Francisco Castro

Obradoiro literario e de novela con Francisco Castro

Gústache escribir?  Queres mellorar? Amas a literatura? Obradoiro co escritor Francisco Castro dende outubro a maio. Unha oportunidade para xogar coa literatura e gozar dos mundos da ficción e da escrita literaria. O Obradoiro Literario e de Novela de Francisco Castro celebrarase de outubro a maio na Librería Couceiro cada segundo mércores de cada mes, […]

Obradoiro de Creación Literaria 2015-2016

Obradoiro de Creación Literaria 2015-2016

A Agrupación Cultural O Galo inicia un novo ano académico do obradoiro de creación literaria 2015-2016, dirixido a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas tanto pola escrita como pola lectura. A nosa idea é axudar a todas as persoas que por calquera razón aínda non se atreveran a mostrar o/a escritor/a que levan no seu […]

Alba de Gloria 2015 no Pico Sacro

Alba de Gloria 2015 no Pico Sacro

As Asociacións O Galo e Vagalumes, enmarcadas dentro da federación GALIZA CULTURA, veñen celebrando este acto de irmandade entre natureza e cultura desde que se conmemorou no 2011 o 125 aniversario de Castelao co total desprezo por parte da Xunta e demais institucións galegas. O acto consiste na lectura pública do ALBA DE GLORIA de […]

Encontro de creación literaria con Xurxo Souto

Encontro de creación literaria con Xurxo Souto

Este sábado 6 de xuño desde as 12h, Xurxo Souto participará nunha auténtica gala das letras que organizamos na Granxa do Xesto, no monte Pedroso, para despedir o obradoiro de creación literaria deste curso. Entregaremos o II Premio Kikiricontos, teremos un coloquio sobre creación literaria e remataremos cun xantar, con festa e foliada. Xurxo Souto, […]

Encontro de creación literaria con Marta Dacosta

Encontro de creación literaria con Marta Dacosta

Marta Dacosta conversará co alumnado do noso Obradoiro de Creación Literaria o sábado 30 de maio ás 12h na Libraría Lila de Lillith, nun acto gratuíto e aberto a todos os públicos. Marta Dacosta colabora de novo co Obradoiro de Creación Literaria O 3 de xuño do ano 2013 Marta Dacosta participou nun encontro sobre […]

Estrea da obra "A Candeloria"

Estrea da obra “A Candeloria”

O sábado 23 de maio ás 17.30h no CSC de Conxo a Compañía Kikiricreques, xurdida no seo da nosa asociación, estrea a súa obra “A Candeloria” un espectáculo para toda a familia con teatro, contacontos, monicreques e música. Kikiricreques Esta Compañía é o resultado de varios meses de traballo, que se iniciaron coa visita guiada […]

Presentación de "Cuarto Minguante"

Presentación de “Cuarto Minguante”

O mércores 22 de abril ás 20.30 horas no Espazo Enocultural Vide Vide presentaremos “Cuarto Minguante”, contando coa presenza do autor, Bautista Álvarez, do editor, Manuel Bragado, e de Mónica Places, da Xunta Directiva da Agrupación Cultural O Galo. Esta presentación xa estivera programada anteriormente, pero tivo que ser suspendida por motivos de saúde do […]