Fest-noz 2015 : festa bretoa

 Posted by at 13:47 on 11/11/2015  Música
Nov 112015
 2015-11-11T13:47:40+00:00
Co noso fest-noz anual, o domingo 29 de novembro imos poder escoitar música bretoa en directo na Nave de Vidán (Avenida Mestra Victoria Miguez, 44 – Bus 8)  de Santiago de Compostela
Poderedes escoitar música bretoa cos grupos Tis Che Tein e Carricobanda. Contaremos tamén coa colaboración da arpista Bleuenn Le Friec e o gaiteiro Pablo Pascual.
Teredes a oportunidade de bailar distintas danzas tradicionais como gavotte, an dro, laride, cercle circassien, scotish… O profesor de baile, Suso Cancelas da asociación Monteira Danzas do Mundo animará o obradoiro para as persoas que queiran iniciarse ou perfeccionar os distintos bailes.
Bailemos sen descanso desde ás 18:00 atá que nos deixen… Haberá sidra e doce típico, a entrada será de 5 euros e de balde para menores de 13 anos.

o-galo-festa-bretoa santiagoNese enlace podedes ver a edición 2013 https://www.youtube.com/watch?v=oAYQeRVsIWY